Fernando Cordón García, nado en Verín en 1899 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Axente de aduanas en Verín. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto ao comunista Manuel Gómez del Valle, trasladáronse á Gudiña para unirse a quen estivese disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense.
Foron sometidos a un consello de guerra sumarísimo a principios de agosto,[1] aínda que tivo que repetirse o día 8 por "defectos de forma".[2] Foi condenado á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-8-1936, p. 7.