Fernando Arias Parga, nado en Rábade en 1909 e finado en Madrid o 24 de xullo de 1959,[1] foi un avogado, profesor e político galego.
Traxectoria
Fillo de Fernando Arias Rodríguez. Estudou dereito na Universidade de Valladolid, onde foi presidente da Asociación de Estudantes de Dereito.[2] En 1930 foi detido por posesión de follas clandestinas.[3] En 1932 gañou a cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade de Madrid. Profesor auxiliar da Cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade Central de 1932 a 1936. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid en 1934. Obtivo unha bolsa para estudar no Kaiser Wilhelm Institut en 1934. Durante a guerra foi xefe do Servizo de Información Militar de Andalucía e foi nomeado cónsul de Oujda. Despois da guerra colaborou no Instituto de Estudios Internacionales y Económicos e dende 1955 foi secretario técnico da Escuela de Funcionarios Internacionales. Finou en Madrid aos 50 anos.
Vida persoal
Casou con Francisca González Hernández, e foi pai de Fernando e Alicia Arias González.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía