Fermín Maneiro Becerra, nado en Lousame cara a 1901 e finado en Xixón o 17 de maio de 1938, foi un mineiro e sindicalista galego.
Traxectoria
Dirixente do Sindicato de Mineiros das Minas de San Fins da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos integrantes do grupo que marchou á Coruña para opoñerse ao triunfo do golpe. Retornou a Lousame ao ser rexeitados polo exército. Fuxiu dende Muros na evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa.[1][2] Combateu no exército republicano na fronte de Asturias. Capturado cando intentaba fuxir no vapor Mont Seny, foi xulgado en Xixón e condenado á pena de morte.
Notas
- ↑ "Los evadidos por el puerto de Muros", La Voz de Galicia, 22-5-1937, p. 2.
- ↑ "Emplazamiento judicial de unos evadidos", La Voz de Galicia, 4-7-1937, p. 4.
Véxase tamén
Ligazóns externas