Fermín Martínez Cobo, nado en Santa María de Cayón (Cantabria) o 7 de xullo de 1936, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
Na tempada 1961–62 debutou en Primeira División co Real Oviedo, participando en 9 partidos.
Na tempada 1962–63 formou parte do equipo do Real Madrid CF, conquerindo o título de Liga desa campaña. Fermín era o terceiro porteiro, despois de José Vicente Train e José Araquistain Arrieta. Non participou en ningún partido.
Na tempada 1963–64 fichou polo Pontevedra CF, recentemente ascendido, participando en 13 partidos (un menos que Javier Gato), comezando sendo o porteiro titular nas primeiras xornadas. Esa campaña o club galego descendeu a Segunda División.
Na tempada 1968–69 foi o porteiro do Rayo Vallecano, en Segunda División, firmando 3 encontros.
Palmarés
- Real Madrid
Véxase tamén
Ligazóns externas