Felipe de Oliveira Conceição, máis coñecido como Felipe Tigrão, nado en Río de Xaneiro o 9 de xullo de 1979, é un Adestrador e ex futbolista brasileiro.
Carreira
Felipe apareceu como unha das maiores promesas do Botafogo a finais da década de 1990, pero varias lesións impediron o seguimento da súa carreira de dianteiro de alto nivel. Felipe acabou pasando por unha serie de pequenos clubs do estado do Río de Xaneiro, como a Portuguesa da Ilha e a Cabofriense.
En 2009 xogaba no Pontevedra CF, cedido polo Vitória Sport Clube.