Federico Sánchez López

Modelo:BiografíaFederico Sánchez López
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
Arnela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7865

Federico Sánchez López, coñecido como Mouriño, nado en Vigo cara a 1904 e finado en Arnela (Teis) o 25 de novembro de 1936, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria

Veciño de Laredo (Redondela). Acusado de agresións a Ricardo Diz o 7 de decembro de 1925, foi procesado por lesións en novembro de 1927.[1] Volveu ser detido en maio de 1935 acusado de lesións a Ramón Reboreda.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 29 de outubro xunto con José Gómez López, Benigno Puche Castro, Manuel Franco, Alejandro Marocas, Manuel Castro e Eugenio Rodríguez Cabaleiro.[3] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro.[4] Foi asasinado en Arnela o 25 de novembro. Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia fronto parietal, torácica e abdominal.

Notas

  1. Galicia Nueva, 24-11-1927, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 9-5-1935, p. 13.
  3. El Pueblo Gallego, 30-10-1936, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3.