Fe Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires de 1936 a 1942.
Historia e características
Subtitulado Órgano de la Acción Gallega de Cruzados de Santiago Apóstol, organización fundada en Buenos Aires o 25 de xullo de 1936,[1] apareceu o 1 de novembro de 1936. Publicación mensual baseada nos ideais da Igrexa católica, rexeitaba o bolxevismo. Incluía novas de carácter político e relixioso, e publicou algúns poemas en galego. Cesou a súa edición no número 39 en abril de 1942.
Notas
- ↑ Fe Gallega, 2, 1-12-1936, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos