O Fartlek (en sueco xogo de velocidade) é un sistema de adestramento que consiste en facer varios exercicios, tanto aeróbicos como anaeróbicos, principalmente exercicios de velocidade.
O termo "fartlek" provén do sueco e significa "xogo de correr". Foi desenvolvido do polo adestrador sueco Gosta Hölmer (1891-1983),[1] e posteriormente foi adoptado por moitos fisiólogos.
Inclúe xogos de velocidade nos cales os individuos corren a través de bosques, praias ou en campo aberto movéndose en liberdade no medio da natureza. As características do fartlek veñen definidas polas irregularidades do terreo, canto máis variado mellor, e no cal non hai un trazado preestablecido (excepto en adestramentos xa estudados, posto que quita emoción á práctica deste deporte e o individuo móvese por instinto cambiando a velocidade, a intensidade e o volume ao seu propio gusto. O termo tamén se emprega para o exercicio adaptado a interiores, baseado nos exercicios ao aire libre.[2]
Vantaxes
- Traballo dos músculos extensores e elevadores, o que fai mellorar a forza elástica e a potencia cíclica.
- É un sistema mixto no que se fusiona o traballo aeróbico e a actividade neuromuscular debido aos cambios de ritmo.
Características
- A frecuencia cardíaca varía entre as 147 e as 170 pulsacións por minuto, aínda que pode chegar ás 190.
- O volume do traballo non ten que ser excesivo, xa que iso traería un empeoramento da calidade, razón pola cal é recomendable que a duración non exceda unha hora, aínda que as especialidades varían a duración:
- Fondo (1h)
- Mediofondo longo (45'-60')
- Mediofondo curto (30'-40')
- Velocidade (20'-30')
Notas
Véxase tamén