O faro do cabo Ortegal é un faro galego proxectado no cabo Ortegal (Cariño) en 1982, data de aprobación da súa construción por orde ministerial; acabou a obra en 1984.
Descrición
Consta dunha torre cilíndrica de tipoloxía normalizada e construída en formigón. Ten 3 metros de diámetro e 12,70 m de altura. É branco cunha banda vermella, e dous balcóns de 4,70 m de diámetro. Proxectada en 1982, data na que foi aprobada por Orde Ministerial, a construción rematou en 1984.