O Faro de Lobito é un faro angolano situado na parte superior dos acantilados do lado leste da entrada do porto e baía de Lobito, fronte á punta da restinga, ao norte da cidade de mesmo nome, na provincia de Benguela.
Trátase dunha torre de cachoteríacilíndrica con galería e lanterna ao lado dunha pequena casa de faroleiros. O faro está pintado de branco cunha ampla barra vermella.
A lanterna semella estar, polo menos desde 1999, encaixada nun poste branco con franxas vermellas estreitas a pouca distancia do faro primitivo que funciona con enerxía solar.