Fantasmas de luz é unha novela de Agustín Fernández Paz, publicada en 2011 por Edicións Xerais de Galicia.
Trama
A novela conta a historia de Damián e Marga, un matrimonio que ve as súas vidas golpeadas polo desemprego. A Damián, que lavaba máis de 30 anos no oficio, bótano do traballo xa que o edificio no que desempeñaba o seu labor como operador de cabina vai ser derrubado. Por mor da súa idade cústalle volver ó mercado laboral. A partir dese momento as súas vidas experimentan un cambio incrible. De maneira progresiva, os seus corpos vanse tornando invisibles para o resto da xente.
Narración
A obra conta con 14 capítulos e un apartado de Tomas extra constituído por 6. Ademais, posúe un anexo que recolle todas as referencias que saen ao longo da novela sobre o cine. Está escrito en terceira persoa e ten un narrador omnisciente. A súa estrutura interna é:
- Introdución, que vai dende o capítulo 1 ata o 4, onde se presentan ós personaxes e a súa situación.
- Nó, que abarca os capítulos 5 ata 10, relatando o problema que golpea as vidas dos protagonistas.
- Desenlace, dende o capítulo 11 ata o 14, amosando como logran vencer as adversidades.
Personaxes
Damián: nado en 1954, é un home de 53 anos, casado e cun fillo que vive no estranxeiro. É empregado nunha sala de cines dende hai máis de 30 anos. Resulta algo escéptico ás veces.
Marga: casada con Damián, é unha muller optimista e positiva. Intenta verlle o lado bo ás cousas que suceden. Finalmente decide abrir unha floraría con Aida.
Ismael: fillo de Marga e Damián.
Don Carlos: xefe de Damián.
Aida: amiga e compañeira de traballo de Marga.
Espazo e tempo
Os acontecementos relatados na historia desenvólvese entre o 2008 e o 2009. Os lugares recorrentes na historia son a casa dos protagonistas, o cine onde traballaba Damián e as rúas da cidade.
As películas da novela
Traducións
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Fernández Paz, A. (2011). Fantasmas de luz, ilus. Miguelanxo Prado. Vigo: Xerais.
Ligazóns externas