Falconsat 6 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 3 de decembro de 2018 mediante un foguete Falcon 9 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][3]
Características
Falconsat 6 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión foi probar varios experimentos no espazo, entre eles o uso de diferentes propulsores e medir os cambios da ionosfera na súa contorna cun experimento que é unha versión mellorada dun a bordo do Falconsat 5. Outro experimento medíu a contaminación producida polo disparo dos propulsores, o manexo e probas do satélite durante a integración co satélite e a degasificación unha vez en órbita.[2][3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "FALCONSAT-6" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FalconSat 6" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Mark Wade (2020). "FalconSat" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos