A dos falanxerinos (Phalangerini) é unha tribo de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos falanxéridos, unha das dúas en que se divide a subfamilia dos falanxerinos.[1]
Comprende un total de 18 especies, subdivididas en dous xéneros, Phalanger e Spilocuscus, coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de falanxeros e cuscús.
Características
Os falanxeros e os cuscús teñen un tamaño que oscila entre o das ratas e o dos gatos (lonxitude de caneza e tronco, de 27 a 65 cm; lonxitude da cola, de 24 a 60 cm). Teñen unha cabeza arredondada, co fociño aguzado e ollos grandes, nocturnos. As orellas son pequenas e, nalgunhas especies, ocultas polo pelo. Os dedos primeiro e segundo das patas anteriores son opoñíbeis para permitir a prnsión (movemento en pinza da man), así como o primeiro dedo de pata posterior (pé prénsil). Teñen ademais unha cola prénsil moi áxil e forte, co do terzo posterior espida (sen pelo); a parte inferior está endurecida para que sexa máis útil para a prensón ás ramas. A pelaxe é moi grosa e laúda.
Taxonomía
Descrición
A tribo foi descrita en 1888 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Cat. Marsup. Monotr. Brit. Mus.: 126.[1]
Etimoloxías
- Nome científico
O nome científico Phalangerini está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Phalanger, coa adición da desinencia do latín científico -ini, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Hai que sinalar que, ao adaptar ao galego os nomes latinos da subfamilia (Phalagerinae) e da tribo (Phalangerini) resulta en ambos os casos falanxerinos, polo que, en escritos de divulgación, cómpre advertir o taxon do que estamos a falar.
- Nomes vulgares
Pare ver a etimoloxía de falanxeros e cuscuús, vexase Phalanger#Etimoloxías.
Clasificación
A tribo comprende os xéneros e as especies seguintes:[1]
Tribo Phalangerini [2][3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
Ligazóns externas