Facultade de Formación do Profesorado de Lugo

Facultade de Formación do Profesorado de Lugo

Vista do edificio
Universidade: Universidade de Santiago de Compostela
Localización: Lugo
Campus:
Enderezo:
Ano de fundación:
Decano:
Docentes:
Estudantes:
Teléfono:
Correo electrónico:
Páxina web: Web oficial

A Facultade de Formación do Profesorado é un centro da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus de Lugo. Nela impártese a titulación oficial de Mestre con catro especialidades: Educación Primaria, Educación Infantil, Educación Física e Lingua Estranxeira, que coa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior pasarían a ser só os graos en mestrado en Educación Infantil e en Educación Primaria. Tamén se imparte o mestrado en Profesorado e é sede do 4º ciclo. Para o curso 2011/12 está prevista a implantación do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. O actual edificio da Facultade, inaugurado en 1956, está situado na Avenida de Ramón Ferreiro, esquina coa rúa Pintor Corredoira. No mesmo inmoble está o CEIP Anexa.

Nas Liñas Xerais da Programación Plurianual aprobadas polo Claustro da Universidade de Santiago de Compostela, está prevista a conversión da Escola en Facultade de Profesorado.

Orixe

Remóntase ao ano 1842, data en que foi inaugurada a Escola Normal de Lugo. É, polo tanto, o centro universitario máis antigo do Campus de Lugo. En 1849 o centro quedou instalado no edificio do convento de San Domingos e permaneceu como Escola Normal ata que pola Lei Xeral de Educación de 1970, se transformou en Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB e fóronlle adxudicadas no plano de estudos de 1971 as seguintes especialidades: Filolóxica, Físico-Matemáticas e Humanas, e dez anos máis tarde a especialidade de Preescolar. Este plano, con lixeiras variantes manteríase ata 1993, no que se empezan a implantar as actuais titulacións, conforme o R.D. 1440/1991 do 30 de agosto. Os planos de estudos actualmente en vigor son do ano 2000, pero están en proceso de extinción, ao seren substituídos polos novos graos.

Véxase tamén

Ligazóns externas