Fabiana Harumi Sugimori, nada en Campinas (estado de São Paulo) o 1 de decembro de 1980,[1] foi unha nadadora profesional brasileira[2][3] polo Tenis Club de Campinas (TCC)[3] até finais de 2008,[4] competiu na categoría S11 e gañou dúas medallas de ouro paralímpicas e unha de bronce, ademais doutras medallas e títulos mundiais. Formouse en Relacións públicas pola PUCC.[5]