FLTSATCOM (acrónimo de Fleet Satellite Communications System) é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos construídos por TRW para a Armada. Lanzáronse oito entre 1978 e 1989, todos desde Cabo Cañaveral, e dos cales dous fallaron. O sistema de satélites proporcionaba unha cobertura global na banda de UHF entre aeronaves, buques, submarinos, instalacións en terra e o Mando Aéreo Estratéxico. Os satélites poden dividirse en dous bloques: o primeiro, que abarca os cinco primeiros satélites, eran máis lixeiros e con menos capacidades que os do segundo bloque. Os satélites FLTSATCOM foron substituídos polos satélites UFO.[1]
FLTSATCOM 1, 2, 3, 4 e 5 (Bloque 1)
Os satélites do primeiro bloque tiñan unha masa duns 1880 kg e unha esperanza de vida de 12 anos en órbita. Usaban 12 transpondedores en UHF e se alimentaban mediante paneis solares. Tiñan unha antena principal duns 3 m de diámetro. Os cinco foron lanzados mediante foguetes Atlas SLV-3D, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[2]
FLTSATCOM 6, 7 e 8 (Bloque 2)
Os satélites do segundo bloque tiñan unha maior masa, ata uns 2300 kg, unha esperanza de vida de 12 anos en órbita e tamén 12 transpondedores, así como a mesma antena de 3 metros de diámetro. Adicionalmente levaban unha antena helicoidal de case 4 m de longo. Os paneis solares lles proporcionaban ata 1200 W de potencia. A bordo levaban tamén equipamento para a banda EHF a modo de proba, para novos terminais en desenvolvemento. Os tres foron lanzados mediante foguetes Atlas G, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.[3]