Fórmula Abierta foi un grupo musical que xurdiu da primeira edición do concurso Operación Triunfo, formado polos catro primeiros participantes que abandonaron a academia: Geno Machado, Mireia Montávez, Javián Antón e Àlex Casademunt.
Traxectoria
Inicialmente, cando foron presentados, eran cinco. Ademais de Geno, Mireia, Javián e Àlex estaba xunto a eles outro compañeiro de Operación Triunfo, Juan Camus, co que realizaron varias actuacións. Antes da gravación do primeiro disco, Juan abandonou a formación para seguir en solitario.[1]
En 2002 lanzaron o seu primeiro disco, Aún hay más, que chegou a ser disco de platino. Despois do éxito, Àlex Casademunt abandonou o grupo para empezar a súa carreira en solitario. No segundo disco, La verdad, publicado en 2003, Àlex foi substituído por Miguel Ángel Silva, concursante da segunda edición de OT. En 2004 lanzaron o seu terceiro disco, Fórmula 04.
As súas cancións tiveron un grande éxito e Te quiero más e Hello my friends foron cancións do verán. Ademais foron habituais en anuncios de televisión.
Despois de compartir grupo, Mireia e Miguel Ángel casaron e tiveron dous fillos en común.
Discografía
Álbums
- 2002: Aún hay más
- 2003: La verdad
- 2004: Fórmula 04
Sinxelos
- Te quiero más (2002)
- Mi cruz y mi fe (2002)
- Hello, my friends (2003)
- Yo no sé (2003)
- Ya llegó el carnaval (2004)
- Salsa para vivir (2004)
- Qué calor (2004)
Notas