A Física aplicada é a Física entendida como soporte para unha tecnoloxía ou uso práctico particular, como por exemplo en enxeñaría, como oposta á investigación básica. Esta aproximación é semellante á dada á matemática aplicada. A Física aplicada está enraizada nas verdades fundamentais e nos conceptos básicos das ciencias físicas, pero está relacionada co uso de principios científicos en aparellos e sistemas prácticos, e na aplicación da física noutras áreas da ciencia. a "Física Aplicada" distínguese da "Física Pura" por unha combinación de factores como a motivación e a actitude dos investigadores e a natureza das relacións para coa tecnoloxía ou a ciencia que pode ser afectada polo seu traballo.