Extramurs (en galego: Extramuros) é o nome que recibe o distrito número 3 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo nordeste, L'Eixample polo sueste, Campanar polo noroeste e l'Olivereta, Patraix e Jesús polo suroeste. A súa poboación censada no 2009 era de 49.940 habitantes segundo o Concello de Valencia.[1] Coñecido como o ensanche pobre fronte ao ensanche rico do distrito de L'Eixample.
Poboación
Extramurs tiña 50.076 habitantes en 2007, distribuídos entre catro barrios:
el Botànic (6.499)
la Roqueta (4.668)
la Petxina (15.479)
Arrancapins (23.430)
Elementos destacados
Dous elementos moi importantes a destacar son as Torres de Quart e o Xardín Botánico da Universitat de València. No extremo sur atópase a Estación do Norte, nó ferroviario e terminal da rede de Proximidades de Valencia.
Notas
↑"Districte 03. Extramurs"(PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia(en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.