Explorer 3, tamén coñecido como 1958 Gamma 1, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de marzo de 1958 mediante un foguete Juno I desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4]
Características
Explorer 3 foi lanzado como contribución ó Ano Xeofísico Internacional (IGY) a unha órbita excéntrica para continuar os experimentos iniciados por Explorer 1. A bordo levaba un tubo Geiger como contador de raios cósmicos e un detector de micrometeoritos. O satélite estabilizábase por rotación e levaba a bordo unha grabadora de cinta para almacenar os datos de cada órbita. Reentrou na atmosfera o 28 de xuño de 1958.[1][2][5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 3" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 3" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 3" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: Explorer 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Explorer A" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos