Evágoras de Esparta (latín Evagoras, grego antigo Εὐαγόρας) foi un atleta espartano do século -VI que gañou tres vitorias nas carreiras de carros dos xogos olímpicos cos mesmos cabalos.
Traxectoria
Venceu nos anos -548, -544 e -540. Erixiu unha estatua dunha cuadriga en Olimpia e honrou os seus cabalos cun magnífico funeral, segundo Heródoto, Claudio Eliano e Pausanias.[1]
Notas