Evangelina Nogales de la Morena,[1] nada en Colmenar Viejo, coñecida publicamente como Eva Nogales, é unha biofísica española que traballa no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. É catedrática de Bioquímica, Biofísica y Bioloxía Estrutural no departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de California en Berkeley e investigadora do Instituto Médico Howard Hughes. É líder internacional no seu ámbito no uso de criomicroscopía electrónica para ver os compoñentes das células a nivel atómico.[2]
Foi galardoada co Premio Shaw en 2023, dotado cun millón de euros, por revelar os entresixos atómicos do ser humano, e é unha das favoritas para o Nobel.[3]
Notas