Eva Fernández

Modelo:BiografíaEva Fernández
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1638387 Editar o valor en Wikidata

Eva María Fernández, nada en Ourense en 1973, é unha actriz galega.

Traxectoria

Comezou a súa carreira interpretativa no mundo do teatro e tivo un papel na película arxentina Después de la tormenta, estreada en 1991. Entre 1995 e 2000 participou na serie de éxito da Televisión de Galicia Pratos combinados, onde interpretou a Rosalía, filla do protagonista, Miro Pereira. Dende 1999 formou parte do elenco doutra célebre serie da TVG, Mareas vivas, onde deu vida á mariñeira Rosa.[1] Durante eses anos tivo pequenos papeis no cine, nos filmes A lingua das bolboretas, Lena e Ilegal.

En 2003 apareceu en varios episodios de Cuéntame cómo pasó, de Televisión Española, e en 2004 estreouse na TVG a serie As leis de Celavella, onde interpretou un dos papeis protagonistas, Matilde.[1] Entre 2008 e 2015 fixo o papel de Maite en Padre Casares e traballou tamén nas series Luci e Vidago Palace, aparecendo ademais nun episodio de El Ministerio del tiempo. En 2018 traballou na aclamada serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero, poñéndose na pel de Esther Lago, segunda esposa do narcotraficante cambadés Laureano Oubiña.[2]

Na primeira metade da década de 2020 tivo papeis nas series ambientadas en terras galegas Néboa, Auga seca e Rapa, así como no filme Cuñados e na súa secuela, +Cuñados.[3]

Películas

Televisión

Premios e nomeamentos

Ano Categoría Película Resultado
1991 Mellor actriz revelación Después de la tormenta Gañadora
Ano Categoría Serie Resultado
2003 Mellor interpretación feminina protagonista As leis de Celavella Gañadora

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. 1,0 1,1 "«A conexión entre os actores e a audiencia galega é moi real, de pel»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022. Consultado o 29 de decembro de 2024. 
  2. "¿Quién es quién en Fariña? Los actores frente a los personajes reales". El Mundo (en castelán). 10 de maio de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2024. 
  3. "Entrevista a Eva Fernández. Vuelve a brillar en la película "+Cuñados"" (en castelán). 23 de abril de 2024. Consultado o 30 de decembro de 2024.