O bus Eurostar 1000 é un tipo de bus para satélites fabricado en Francia por Matra Marconi.[1][2]
Características
O bus Eurostar 1000 é a primeira xeración de buses fabricados por Matra Marconi. Está pensado para satélites na órbita xeoestacionaria, principalmente para satélites de comunicacións. Usouse exclusivamente nos catro satélites da serie Inmarsat 2, adicados a proporcionar comunicacións civís, cunha masa duns 1300 kg cada un.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos