Euloxio Xesús Rubert Méndez, nado en Ourol, é un profesor e político galego.
Traxectoria
Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do BN-PG á alcaldía de Ourol e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Xuntanza Progresista e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Foi profesor de Relixión en Cariño e director e mestre de Lingua Galega no colexio de Galdo e posteriormente docente no instituto María Sarmiento de Viveiro. Dirixe as celebracións da Palabra nas parroquias de Santo Isidoro do Monte e San Miguel da Rigueira, en Xove. É veciño de Foz.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas