Foi rexistrador da propiedade en Galicia, Andalucía e Cataluña e secretario da Sala de Audiencia e da Sala do Contencioso-administrativo da Coruña. De 1919 a 1926 participou na creación de sindicatos agrarios en Ortigueira e foi presidente da Federación de Sindicatos Agrícolas Católicos do Condado de Ortigueira e da Federación Católico Agraria da Coruña. Fundou e dirixiu Acción Agraria e colaborou en El Ideal Gallego e A Nosa Terra. Militante de Acción Popular, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas Eleccións xerais de 1933 nas listas da CEDA. A súa actividade parlamentaria caracterizouse por defender o que el consideraba como os intereses de Galicia, moitas veces rompendo a disciplina do partido, como o 15 de novembro de 1935 cando defendeu os intereses dos pescadores galegos. Aínda que figurou inicialmente na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936, finalmente non chegou a presentarse.
Obras
Estudios prácticos de la nueva Ley de Arrendamientos rústicos, Madrid, 1941.