Eugenio Elices Gasset

Modelo:BiografíaEugenio Elices Gasset
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Mortemaio de 1961 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Actividade
Ocupaciónxornalista, avogado Editar o valor en Wikidata
Membro de

Eugenio Elices Gasset, nado en Vigo[1] o 27 de setembro de 1889[2] e finado en maio de 1961,[1] foi un xuíz e xornalista galego.[3]

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Foi xuíz municipal en Madrid. Dirixiu a revista Tribuna Gallega (1914),[4] editada polos emigrantes galegos en Madrid. En 1922 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[5] En 1939 abríuselle expediente en base á lei de depuración de funcionariado público.[6]

Vida persoal

Fillo do celanovés Eugenio Elices Rodríguez e mais de Obdulia Gasset Artime -irmá de Eduardo Gasset Artime-, foi irmán de María Luisa Elices Gasset (casada con Ramón de Artaza Malvárez) e do médico Álvaro Elices Gasset, e sobriño de Castor Elices.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Elices Gasset, Eugenio". Patrimonio documental del Ilustre Colegio de Abogados de Madrid. 
  2. José Miguel de Mayoralgo y Lodo. Movimiento Nobiliario 1931 - 1940. Año 1931 (PDF). p. 153. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  3. Couceiro Freijomil, A. (1951). "Elices Gasset, Eugenio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 389. 
  4. "Tribuna Gallega". Repertorio da prensa da emigración galega. Consello da Cultura Galega. 
  5. "Membros da Academia - Correspondentes". Real Academia Galega. 
  6. "Órdenes de 26 de octubre de 1939 disponiendo la formación de expediente a D. Esteban Puras Sierra y a D. Eugenio Elices Gasset" (PDF). Boletín Oficial del Estado (304). 31 de outubro de 1939. p. 6098-6099.