O Estádio Eládio de Barros Carvalho, popularmente coñecido como Estádio dos Aflitos por estar localizado no barrio dos Aflitos, na cidade de Recife, no Brasil; é o estadio usado polo equipo de fútbol Clube Náutico Capibaribe. Foi inaugurado o 25 de xuño de 1939. O nome é unha homenaxe a Eládio de Barros Carvalho, presidente do club durante 14 mandatos.