Estrea da Sinfonía n.º 7 de Shostakovich en Leningrado
A estrea da Sinfonía n.º 7 de Shostakovich en Leningrado tivo lugar o 9 de agosto de 1942 durante a segunda guerra mundial, mentres a cidade de Leningrado (actual San Petersburgo) era sitiada polas forzas da Alemaña nazi.
Dmitrii Shostakovich tiña a intención de que a obra fora estreada pola Orquestra Filharmónica de Leningrado, mais a causa do sitio esta foi evacuada da cidade, así como o propio compositor. A estrea mundial da sinfonía tivo lugar en Kuibyshev coa Orquestra do Teatro Bolshoi. A estrea en Leningrado foi realizada polas persoas sobreviventes da Orquestra da Radio de Leningrado, con reforzos de músicos militares. A maioría das persoas que integraban a orquestra estaban famentas, o que dificultou os ensaios: desmaiábanse frecuentemente durante os ensaios, e tres morreron. A orquestra só foi capaz de tocar a sinfonía ata o final unha vez antes do concerto.
A pesar das pobres condicións das persoas que interpretaron a sinfonía e de moitas das que asistiron á estrea, o concerto foi un grande éxito, provocando unha ovación dunha hora de duración. O concerto foi apoiado por unha ofensiva militar soviética, cuxo nome en clave era ‘‘Borrasca’’, destinada a silenciar as forzas alemás durante a actuación. A sinfonía foi retransmitida ás liñas alemás por medio de altofalantes como xeito de guerra psicolóxica. A estrea en Leningrado foi considerada pola crítica musical como unha das interpretacións artísticas máis importantes da guerra polos seus efectos psicolóxicos e políticos. O director concluíu que "nese momento, triunfamos sobre a desalmada maquinaria de guerra nazi".[1] En 1964 e 1992 leváronse a cabo concertos conmemorativos coa participación dos músicos sobreviventes.
Antecedentes
O compositor soviético Dmitrii Shostakovich (1906–75) finalizou a súa Sinfonía n.º 7 o 27 de decembro de 1941 e adicoulla á súa Leningrado natal. Neses momentos a cidade estaba sitiada polas forzas da Alemaña nazi, o que provocou a morte de en torno a un terzo da poboación existente antes da guerra.[2]
A Orquestra da Radio de Leningrado baixo a batuta de Karl Eliasberg era a única agrupación sinfónica que permanecía na cidade despois de que a Filharmónica fora evacuada.[8] A última actuación da Orquestra da Radio tivera lugar o 14 de decembro de 1941 e a súa última retransmisión o 1 de xaneiro de 1942.[9] Unha nota do plan de ensaios indica para o seguinte ensaio que "o ensaio non tivo lugar. Srabian está morto. Petrov está enfermo. Borishev está morto. A orquestra non está operativa".[10]
O 2 de abril de 1942, Boris Zagorsky e Yasha Babushkin do departamento de artes da cidade de Leningrado anunciaron os preparativos para a interpretación da sinfonía.[11] O paro nas retransmisións musicais chegou á súa fin rapidamente grazas a Andrei Zhdanov, un político soviético involucrado na defensa de Leningrado, para permitir os ensaios e proporcionar apoio moral á cidade.[11] Realizar a sinfonía "converteuse nun asunto de orgullo cívico, mesmo militar".[12] Segundo un membro da orquestra, "as autoridades de Leningrado buscaban darlle á xente algo de estimulación emocional para que se sentisen coidados".[13] Considerouse un acto político importante polo seu valor potencial como propaganda.[14]
Das 40 persoas que integraban orixinalmente a Orquestra da Radio de Leningrado, só 14 ou 15 vivían aínda na cidade; os outros morreran de fame ou foran loitar contra o inimigo.[15][16][17] A sinfonía de Shostakovich requiría unha grande orquestra de 100 músicos, o que significa que o resto do persoal era moi insuficiente.[17] Eliasberg, naquel tempo tratado de "distrofia",[18] foi de porta en porta buscando aquelas persoas que se adicasen á música que non responderan á reestruturación da orquestra debido á fame ou á debilidade.[9] "Meu Deus, que delgadas estaban moitas delas", lembraba un dos organizadores. "Como esas persoas se animaron cando comezamos a sacalas dos seus escuros apartamentos. Sacáronnos as bágoas cando sacaron as súas roupas de concerto, os seus violíns e violonchelos e frautas, e comezaron os ensaios baixo o xeado toldo do estudio".[19] Un avión que transportaba subministracións para Kuybyshev transportou a partitura da sinfonía de 252 páxinas a Leningrado.[20][21]
O primeiro ensaio, que tivo lugar en marzo de 1942, tiña unha duración de tres horas, mais tivo que parar logo de 15 minutos porque 30 das persoas que integraban a orquestra e que asistiron ao mesmo estaban demasiado febles para tocar os seus instrumentos.[11][18] Frecuentemente sufrían esvaecementos durante os ensaios, especialmente as que tocaban instrumentos de vento metal.[16] O propio Eliasberg tivo que ser arrastrado dos ensaios nunha zorra, e finalmente foi trasladado polos funcionarios comunistas a un apartamento próximo e entregáronlle unha bicicleta para o seu transporte. Os seus primeiros intentos na dirección foron como "un paxaro ferido con ás que van caer en calquera momento".[17][22] Un informe de Babushkin sinalou que "o primeiro violín está morrendo, o timbaleiro morreu no seu camiño ao traballo, o trompa está ás portas da morte ...".[23] As persoas que integraban a orquestra recibiron racións extra (doadas por civís entusiastas da música) nun esforzo por combater a fame, e ladrillos quentes foron empregados para irradiar calor; con todo, tres intérpretes morreron durante os ensaios.[11][22][24][25] Carteis en toda a cidade solicitaban a toda persoa música que se puxese en contacto co Comité da Radio para a súa incorporación á orquestra. Tamén se retirou a intérpretes da fronte ou se re asignaron a bandas militares soviéticas co apoio do comandante da fronte de Leningrado, Leonid Govorov.[11]
Ademais da Sétima sinfonía, a improvisada orquestra tamén ensaiou obras sinfónicas tradicionais de Beethoven, Chaikovskii e Rimskii-Korsakov. O 5 de abril tivo lugar un concerto de extractos de Chakovskii.[18][26][27] Algunhas persoas na orquestra protestaron pola decisión de tocar a sinfonía de Shostakovich, non querendo gastar as súas poucas forzas nunha obra "intricada e non moi accesible". Eliasberg ameazou con rescindir as racións adicionais, reprimindo calquera disidencia.[27] Durante os ensaios, Eliasberg foi criticado pola súa actitude dura: integrantes que faltaban aos ensaios, chegaban tarde, ou non tocaban segundo as expectativas perderon as súas racións. Un membro da orquestra perdeu as súas racións por asistir ao enterro da súa muller e chegar tarde ao ensaio.[11] Aínda que algunhas fontes suxiren que foi contratado un equipo de copistas, de acordo con outras fontes foron as propias persoas da orquestra os que tiveron que copiar as súas partes individuais a man dende a partitura.[11][12]
Os ensaios leváronse a cabo seis días á semana no Teatro Pushkin, frecuentemente dende as 10 a.m. ata a 1 p.m. Con todo, estes eran interrompidos frecuentemente polas sirenas de ataque aéreo, e algunhas das persoas que integraban a orquestra foron requiridas para realizar tarefas antiaéreas ou de loita contra os incendios. Para permitirlles asistir aos ensaios, concedéronselles tarxetas de identificación orquestral para amosar nos puntos de control. As persoas que formaban parte da orquestra militar (e algunhas tropas ordinarias) foron enviadas aos ensaios para reforzar a orquestra. Os ensaios trasladáronse á sala da Filharmónica en xuño, e a finais de xullo aumentaron a 5-6 horas diarias.[11][24][28] Os instrumentos estaban en malas condicións e había poucos reparadores dispoñibles; a un oboísta pedíuselle un gato a cambio dunha reparación, xa que o reparador famento xa comera varios.[13][29]
A orquestra tocou a sinfonía completa só unha vez antes da estrea, nun ensaio xeral o 6 de agosto.[11]
Interpretación
O concerto tivo lugar no Gran Salón da Filharmónica o 9 de agosto de 1942. Este fora o día que Hitler designara previamente para celebrar a caída da cidade cun luxoso banquete no Hotel Astoria de Leningrado.[10] A interpretación estivo precedida por un discurso pregravado de Eliasberg, emitido ás 6 p.m.:[11][30]
“
Camaradas – un grande acontecemento na historia cultural da nosa cidade está a piques de ter lugar. Nuns minutos, escoitaredes por primeira vez a Sétima Sinfonía de Dmitrii Shostakovich, o noso distinguido concidadán. El escribiu esta gran composición na cidade durante os días nos que o inimigo, de forma demencial, tentou entrar en Leningrado. Cando os porcos fascistas estaban bombardeando e abrindo a cuncha de Europa, e Europa cría que os días de Leningrado acabaran. Mais esta actuación é testemuña do noso espírito, valor e disposición a loitar. Escoitade, Camaradas!
”
O tenente xeneral Govorov ordenou un bombardeo das posicións da artillaría alemá antes do concerto nunha operación especial, co nome en clave de "Borrasca".[19] O persoal da intelixencia soviética localizara as baterías alemás e postos de observación unhas semanas antes, en preparación para o ataque.[14] Tres mil proxectís de alto calibre foron lanzados sobre o inimigo.[31] O propósito da operación era impedir que as tropas alemás apuntasen á sala de concertos e asegurarse de que estivese o suficientemente tranquila para escoitar a música polos altofalantes que ordenara colocar. Tamén animou os soldados soviéticos a escoitar o concerto a través da radio.[32] O musicólogo Andrei Krukov máis tarde eloxiou as accións de Govorov como xeito de proporcionar un "incentivo" para o concerto, engadindo que a súa decisión de permitir que os soldados participasen foi "unha decisión absolutamente excepcional".[33] O propio Govorov posteriormente comentoulle a Eliasberg que "tocamos o noso instrumento na sinfonía, tamén, xa sabes", en referencia ao fogo de artillaría.[11] A contribución militar no asunto non foi amplamente coñecida ata despois do final da guerra.[13]
Houbo unha grande audiencia no concerto, que incluía líderes do partido, persoal militar, e civís. As persoas de Leningrado que non collían na sala de concertos reuníronse arredor das fiestras abertas e altofalantes. No escenario, as persoas que integraban a orquestra estaban "vestidos como repolos" con varias capas para evitar os estremecementos inducidos pola indixencia.[11][24] Pouco antes do inicio do concerto, as luces eléctricas sobre o escenario acendéronse por primeira vez dende que comezaran os ensaios.[11] Cando a sala de concertos quedou en silencio, Eliasberg comezou a dirixir. A actuación foi dunha pobre calidade artística, mais salientou polas emocións desatadas na audiencia e polo seu final: cando algúns músicos "desfaleceron" debido ao esgotamento, a audiencia levantouse "nun xesto notable, espontáneo ... animándoos a seguir adiante".[24][30]
A interpretación recibiu unha ovación en pé que durou unha hora, e Eliasberg recibiu un ramo simbólico de flores de Leningrado de mans dunha nena.[11][22] Moitas persoas da audiencia estaban chorando debido ao impacto emocional do concerto, que foi visto como unha "biografía musical do sufrimento de Leningrado".[34] As persoas que integraron a orquestra foron invitados a un banquete polos funcionarios do partido para celebralo.[11]
Os altofalantes emitiron a actuación por toda a cidade, así como ás forzas alemás nun movemento de guerra psicolóxica, un "golpe táctico contra a moral alemá".[12][35] Un soldado alemán lembrou como o seu escuadrón "escoitou a sinfonía dos heroes".[36] Eliasberg coñeceu posteriormente algúns dos alemáns que acamparan fóra de Leningrado durante a interpretación, que lle dixeron que lles fixeran crer que nunca tomarían a cidade: "A quen estamos bombardeando? Nunca seremos capaces de tomar Leningrado porque a xente aquí é desinteresada".[13][37]
Recepción e legado
O estudoso de Shostakovich Laurel Fay suxire que este concerto foi “un acontecemento de importancia lendaria por si mesmo".[6] O xornalista Michael Tumely defíneo como "un momento lendario na historia política e militar soviética".[17] O crítico U.S. Dhuga suxire que esta actuación "foi popularmente – e, por suposto, oficialmente – recoñecida como o preludio da vitoria real sobre os alemáns".[38] O bloqueo foi violado a principios de 1943 e finalizou en 1944. Eliasberg concordou coa valoración de Dhuga, dicindo que "toda a cidade atopara a súa humanidade ... nese momento, triunfamos sobre a desalmada maquinaria de guerra nazi".[1] Non houbo un recoñecemento oficial da importancia do concerto: un músico sinalou que despois "non houbo retroalimentación, nada ata 1945".[11]
A Sétima sinfonía de Shostakovich gozou de popularidade en todo o mundo occidental durante a guerra, mais dende 1945 deixou de realizarse en gran parte fóra da Unión Soviética. Converteuse nun punto de controversia na década de 1980 despois de que o Svidetelstvo (traducible ao galego como Testemuño) de Solomon Volkov suxeriu que non era unha crítica aos nazis, senón ao goberno soviético.[34] A veracidade do relato, que el afirma que ten as súas raíces en entrevistas con Shostakovich, foi debatida.[39] Outras cuestións controvertidas sobre a sinfonía inclúen se se inspirou no ataque a Leningrado (como as autoridades soviéticas e as declaracións oficiais afirmaran) ou foi planificada anteriormente e reutilizada como propaganda, así como o seu mérito artístico en referencia a outras composicións de Shostakovich.[39][40]
A estrea fixo de Eliasberg un "heroe da cidade". Pouco despois do concerto, casou con Nina Bronnikova, que tocara a parte de piano. Mais unha vez finalizou o asedio e a Filharmónica regresou a Leningrado, caeu do seu favor. O director da Filharmónica, Yevgeny Mravinsky, despediuno en 1950 porque tiña envexa da aclamación popular a Eliasberg. Eliasberg era un director itinerante "pobre e amplamente esquecido" cando morreu en 1978. Con todo, no 50º aniversario da súa estrea os seus restos foron trasladados ao prestixioso cemiterio Volkovskoye ou Alexander Nevsky, como resultado dunha campaña da arquivista de orquestra Galina Retrovskaya, o director Yuri Temirkanov, e o alcalde de San Petersburgo Anatoly Sobchak.[11][41] Sarah Quigley retratou a carreira de Eliasberg durante o período da guerra na súa novela histórica The Conductor.[16]
As persoas que integraran a orquestra e que sobreviviron participaron nuns concertos reunión en 1964 e 1992, tocando "nos mesmos asentos na mesma sala".[10] Shostakovich asistiu ao primeiro destes concertos o 27 de xaneiro de 1964.[11] Vinte e dúas das persoas que interpretaran a sinfonía en 1942 e Eliasberg tocaron a sinfonía, e nas outras cadeiras foron colocados instrumentos para representar aquelas que morreran dende a estrea.[41] A interpretación de 1992 contou con 14 sobreviventes.[10] O concerto de 1942 foi tamén conmemorado no filme de 1997 de Larry WeinsteinThe War Symphonies: Shostakovich Against Stalin.[42] Hai un pequeno museo adicado ao evento na Escola N.º 235 de San Petersburgo, que inclúe unha estatua de Shostakovich e obxectos da actuación.[43]
↑Colley, Rupert (9 de agosto de 2011). "The Leningrad Symphony"(en inglés). History in an Hour. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 2 de xullo de 2017.
↑Dhuga, U. S. (2004). "Music Chronicle". The Hudson Review57 (1): 125–132.
↑Fairclough, P (maio de 2007). "The 'Old Shostakovich': Reception in the British Press". Music and Letters(en inglés)88 (2). pp. 266–296. doi:10.1093/ml/gcm002.
↑ 41,041,1Colley, Rupert (10 de xuño de 2012). "Karl Eliasberg"(en inglés). History in an Hour. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2017. Consultado o 2 de xullo de 2017.
Robinson, Harlow (1995). "Composing for Victory". En Stites, Richard. Culture and Entertainment in Wartime Russia(en inglés). Indiana University Press. pp. 62–76. ISBN0-253-20949-8.
Badan Informasi Geospasial BIGGambaran umumDasar hukumPeraturan Presiden Nomor 94 Tahun 2011KepalaProf. Dr.rer.nat. Muh Aris Marfai, M.Sc.[1]Sekretaris UtamaDr. Ir. RA. Belinda Arunarwati Margono, M.Sc.DeputiDeputi Bidang Informasi Geospasial DasarIr. Mohamad Arief Syafi'i, M.Eng.Sc.Deputi Bidang Informasi Geospasial TematikDr. Antonius Bambang WijanartoDeputi Bidang Infrastruktur Informasi GeospasialDr. Ibnu Sofian, M.Eng.InspekturHabib Subagio, S.Si., M.Si.Kantor pusatJl.Raya J...
Lambang Khanty-Mansiysk Khanty-Mansiysk (Rusia: Ха́нты-Манси́йск) merupakan sebuah kota di Rusia. Kota ini terletak di bagian tengah di negara itu. Kota ini memiliki luas wilayah 250,1 km² dan memiliki jumlah penduduk 71.829 jiwa (2002). Kepadatan penduduknya adalah 287 jiwa/km². Kota ini merupakan pusat administrasi Khantia-Mansia. Pranala luar Media terkait Khanty-Mansiysk di Wikimedia Commons World Chess Cup 2009 website Diarsipkan 2010-02-10 di Wayback Machine. Offic...
Artikel ini memerlukan pemutakhiran informasi. Harap perbarui artikel dengan menambahkan informasi terbaru yang tersedia. Usain Bolt Rekam medali Mewakili Jamaika Atletik Pria Olimpiade Beijing 2008 100 m Beijing 2008 200 m Didiskualifikasi Beijing 2008 4 × 100 m estafet London 2012 100 m London 2012 200 m London 2012 4 × 100 m estafet Rio 2016 100 m Rio 2016 200 m Rio 2016 4 × 100 m estafet Kejuaraan Dunia Berlin 2009 100 m Berlin 20...
Pemilihan umum Parlemen Eropa di Yunani 20192014202426 Mei 2019← Anggota sebelumnyaAnggota terpilih →Seluruh 21 kursi perwakilan Yunani di Parlemen EropaKehadiran pemilih58,71%Kandidat Partai pertama Partai kedua Partai ketiga Ketua Kyriakos Mitsotakis Alexis Tsipras Fofi Gennimata Partai ND Syriza KINAL Aliansi EPP PEL PES Ketua sejak 11 Januari 2016 9 Februari 2008 14 Juni 2015 Pemilu sebelumnya 5 kursi, 22,71% 6 kursi, 26,58% 2 kursi, 8,02% (s...
Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Serie B 1982-1983 (disambigua). Serie B 1982-1983 Competizione Serie B Sport Calcio Edizione 51ª Organizzatore Lega Nazionale Professionisti Date dal 12 settembre 1982al 25 giugno 1983 Luogo Italia Partecipanti 20 Formula girone unico Risultati Vincitore Milan(2º titolo) Altre promozioni LazioCatania Retrocessioni ReggianaBolognaFoggiaBari Statistiche Miglior marcatore Bruno Giordano (18) Il Milan, vincitore de...
Sex position This article is about the sexual position. For other uses, see Doggy style (disambiguation). Not to be confused with Dogging (sexual slang). The examples and perspective in this article may not represent a worldwide view of the subject. You may improve this article, discuss the issue on the talk page, or create a new article, as appropriate. (March 2023) (Learn how and when to remove this template message)Illustration of the doggy style position Doggy style is a sex position in w...
This article is about the 2010–2012 TV series. For the 2016 TV series, see Dirk Gently's Holistic Detective Agency (TV series). British TV series or programme Dirk GentlyGenreComic science fictionDetective fictionCreated byHoward OvermanBased onDirk Gently's Holistic Detective Agencyby Douglas AdamsWritten byHoward OvermanMatt JonesJamie MathiesonDirected byDamon ThomasTom ShanklandStarringStephen ManganDarren BoydComposerDaniel PembertonCountry of originUnited KingdomOriginal languageEngli...
Japanese multinational technology company For the place, see Fujitsu District, Saga. For the song, see Fu-ji-tsu. Fujitsu LimitedHeadquarters at Shiodome City Center in Shiodome, Minato, TokyoNative name富士通株式会社Romanized nameFujitsū kabushiki gaishaCompany typePublicTraded asTYO: 6702NAG: 6702Nikkei 225 component (TYO)TOPIX Large70 component (TYO)IndustryComputer hardwareSoftwareSemiconductorsConsultingCloud computingTelecommunicationsData storageConsumer electronicsFoundedJune&...
Battle during the War of the Third Coalition For other battles of a similar name, see Battle of Cape Finisterre (disambiguation). Battle of Cape FinisterrePart of the Trafalgar campaign of the War of the Third CoalitionAdmiral Sir Robert Calder's action off Cape Finisterre, 23 July 1805, William AndersonDate22 July 1805LocationOff Cape Finisterre, Atlantic Ocean42°53′39″N 9°16′16″W / 42.8941°N 9.2711°W / 42.8941; -9.2711Result British victoryBelligerents Un...
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Paralel (ぱ ら れ る) adalah manga shōnen Jepang yang dikarang oleh Toshihiko Kobayashi. Ini bercerita tentang dua siswa sekolah menengah, Shinnosuke Nekota dan Sakura Hoshino, yang dipaksa tinggal bersama di rumah yang sama ketika orang tua merek...
Member of the Verkhovna Rada (national parliament of Ukraine) People's Deputy of UkraineOccupationActivity sectorsGovernmentDescriptionCompetenciesLegislationRelated jobsGovernment official, President of Ukraine Politics of Ukraine Constitution Human rights Presidency President Volodymyr Zelenskyy Office of the President National Security and Defence Council Presidential representatives Presidential symbols Executive Prime Minister Denys Shmyhal Cabinet Shmyhal Government Legislature Verkhovn...
Typical weather for regions above the tree line For the climate of the mountains named the Alps, see Climate of the Alps. White Mountain, an alpine environment at 4,300 metres (14,000 ft) above sea level in California Alpine climate is the typical climate for elevations above the tree line, where trees fail to grow due to cold. This climate is also referred to as a mountain climate or highland climate. Definition There are multiple definitions of alpine climate. In the Köppen climate cl...
Chaerul Anwar Natsir Chaerul Anwar Natsir adalah seorang politikus Indonesia. Ia menjabat sebagai Wakil Bupati Boven Digoel dari 2016 sampai 2020 mendampingi Benediktus Tambonop selaku Bupati Boven Digoel dan kemudian pelaksana tugas Bupati Boven Digoel pada 2020. Ia tergabung dalam Partai Persatuan Pembangunan.[1] Referensi ^ Profil Chaerul Anwar Calon Bupati Kabupaten Boven Digoel Papua Tahun 2020. Tribun-Papua.com. Artikel bertopik biografi Indonesia ini adalah sebuah rintisa...
AwardHonored Artist of ArmeniaAwarded forExcellence and outstanding achievementCountryArmeniaPresented byPresident of ArmeniaFirst awarded2004 Honored Artist of Armenia is an award given by the Republic of Armenia.[1] It was established in 2002 as Honorary Titles of the Republic of Armenia in Science, Education, Journalism, Culture, Arts, Health, Physical Culture and Sports.[2] The award was reestablished in 2004 with the adoption of the National Assembly and the signature of...
American abolitionist and politician (1797–1874) For other persons, see Gerrit Smith (disambiguation). Gerrit SmithMember of theU.S. House of Representativesfrom New York's 22nd districtIn officeMarch 4, 1853 – August 7, 1854Preceded byHenry BennettSucceeded byHenry C. Goodwin Personal detailsBorn(1797-03-06)March 6, 1797Utica, New York, U.S.DiedDecember 28, 1874(1874-12-28) (aged 77)New York City, U.S.Political partyLiberty (1840s)Free Soil (1850s)Spouse(s)Wealtha Ann Backu...
Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Ambrosino (disambigua). Ambrosino (in latino ambroxsinus),[1] anche chiamato ambrogino o ambrogiano,[2] è il nome delle monete coniate a Milano nel medioevo raffiguranti Sant'Ambrogio. Indice 1 Storia 1.1 Premesse 1.2 Ambrosino grosso 1.3 Ambrosino piccolo 1.4 Ambrosino grandissimo 1.5 L'ambrosino d'oro 2 Monete 3 Note 4 Bibliografia 5 Voci correlate 6 Altri progetti Storia Premesse Grosso da 6 denari imperial...
English canal in Hampshire and Surrey Basingstoke CanalThe Basingstoke Canal passing through WokingSpecificationsLength31 miles (50 km)Maximum boat length72 ft 6 in (22.10 m)Maximum boat beam13 ft 6 in (4.11 m)Locks29StatusPartially openNavigation authorityThe Basingstoke Canal AuthorityHistoryPrincipal engineerJohn SmeatonOther engineer(s)Benjamin Henry LatrobeDate of act1778Date completed1794Date closed1932Date restored10 May 1991GeographyStart pointByflee...
Stock Index MSCI World Price Index (1969-2020) Map of all countries included in the MSCI World index as of 28 Sep 2018 The MSCI World is a widely followed global stock market index that tracks the performance of around 1500 large and mid-cap companies across 23 developed countries.[1][2] It is maintained by MSCI, formerly Morgan Stanley Capital International, and is used as a common benchmark for global stock funds intended to represent a broad cross-section of global markets...
هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (يوليو 2020) لاعبون يقومون بعملية الإحماء قبل المباراة الرئيسية في كأس العالم بألمانيا 2006 ا...
The Midtown Manhattan skyline at night from the Empire State Building. Shown are clear examples of Art Deco and Modern architecture. The building form most closely associated with New York City is the skyscraper, which has shifted many commercial and residential districts from low-rise to high-rise. Surrounded mostly by water, the city has amassed one of the largest and most varied collection of skyscrapers in the world.[1] New York has architecturally significant buildings in a wide...