Esther Pedrosa

Modelo:BiografíaEsther Pedrosa
Biografía
Nacemento19 de maio de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Dialnet: 2600855

Esther Pedrosa Carrete, nada en Santiago de Compostela o 19 de maio de 1961, é unha atleta, adestradora e política galega.

Traxectoria

Como atleta dedicouse sobre todo ao gran fondo (distancias superiores aos 5km). Foi un nome importante no atletismo galego na década de 1980, se ben prolongou a súa carreira deportiva e obtivo os títulos máis importantes como atleta veterana. Compite tanto en pista como en circuítos de ruta.

Na década de 1980 foi a dominadora das distancias longas no atletismo galego. A partir do seu primeiro título galego de cross, en 1983, empezou a sumar títulos autonómicos en 3000m, 5000m e 10000m, tanto en cross, como en pista (aire libre e cuberta). Como adoita ser habitual, cos anos foi frecuentando máis as probas de distancias longas.

Gañou 19 títulos galegos en categoría absoluta ao longo de dúas décadas: 4 de cross (1983, 1985, 1987 e 1997), 9 de 3000m (1986 en aire libre e pista cuberta, 1987 al. e pc., 1988 al. e pc., 1989 pc., 1991 pc. e 1994 pc.), un de 5000 (1996) e cinco de 10000m (1989, 1990, 1993, 1994 e 1996)[1].

Mentres en Galicia competía nas distancias máis longas dos campionatos, en España participaba en probas aínda máis longas ba estrada: a mediados dos oitenta conseguiu a medalla de prata (1985) e a de ouro (1986) nos campionatos de España de 20 km. Tamén obtivo a medalla de prata nos 10 000m en pista nos campionatos de España de 1986 e 1987, así como nos campionatos de España de 3000m en pista cuberta en 1989 e 1990. Recuncou no subcampionato de 10000 en 1995.Repredentou a España en 12 ocasións en probas de 10 m en pista, 15 km, medio maratón e maratón.[2].

A finais dos anos 90 empezou a participar con éxito en maratóns e medios maratóns, e foi segunda nos maratóns de Donostia (1997 e 1998) e Valencia (1999).

Xa como atleta veterana[3] proclamouse campioa do mundo de cross, e subcampioa mundial de 1500m, de cross, e de 3000m en pista cuberta nas súas correspondentes categorías de idade.

Fóra das pistas

Como política, foi elixida concelleira en Santiago de Compostela polo PSdeG-PSOE nos comicios municipais de 2019. Como o cabeza da súa lista, Sánchez Bugallo, chegou á alcaldía, pasou a ocupar responsabilidades de goberno (concellería de Deportes e Benestar animal).

Traballa como técnica do servizo de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela.

Notas

  1. "Currículum de Esther Pedrosa" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 9/11/2022. 
  2. "Esther Pedrosa". worldathletics.org. Consultado o 2022-11-09. 
  3. "La concejala Esther Pedrosa, mejor fondista europea del año en los Best Masters Awards". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-12-09. Consultado o 2022-11-09.