Estanislao Martín

Modelo:BiografíaEstanislao Martín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Casares de las Hurdes, España Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea de Estremadura

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Estremadura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoExtremaduran Coalition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Estanislao Martín Martín, nado en Casares de las Hurdes (Cáceres) en 1964, é un avogado e político de Estremadura (España). É o coordinador xeral de Coalición Extremeña e foi deputado na Asemblea de Estremadura entre 2007 e 2011.

Traxectoria

Licenciado en Dereitoo na Universidade de Estremadura en 1988, exerce a avogacía en Cáceres desde 1991. Foi presidente das mocidades de Extremadura Unida, e posteriormente cofundador do Partido Regionalista Extremeño (PREX) do que é secretario xeral. Tras a creación da federación de partidos Coalición Extremeña en 2003 asumiu o posto do seu coordinador xeral.[1]

Foi concelleiro polo PREX en Casares de las Hurdes e mais en coalición co PSOE foi concelleiro en Cáceres (2003-2007). Formou parte da candidatura PSOE-Rexionalistas á Asemblea de Estremadura, logrando a acta de deputado. Nas eleccións autonómicas de 2011 non foi candidato nas listas da coalición do PSOE coa Coalición Extremeña. Nas eleccións de 2015 é o candidato á presidencia da Xunta de Estremadura por Coalición Extremeña PREx-CREx.[2]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas