Estanislao Ferreira Martín de Argenta foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Comerciante de Tui. Foi elixido secretario do Nuevo Casino de Tui en 1907.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Tui e elixido segundo tenente-alcalde en xaneiro de 1924.[2] Foi elixido alcalde o 8 de abril de 1924,[3] permanecendo no cargo até o a 29 de xaneiro de 1927. Foi deputado provincial. No franquismo foi nomeado alcalde do mesmo concello o 9 de febreiro de 1939, permanecendo no cargo ata a 26 de xaneiro de 1940; e novamente o 31 de outubro de 1941, permanecendo no cargo até o 26 de xaneiro de 1944.
Notas
- ↑ La Correspondencia Gallega, 19-12-1907, 2.
- ↑ La Integridad, 26-1-1924, p. 2.
- ↑ La Integridad, 9-4-1924, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.