O estadio Rei BalduÃno (en francés: Stade Roi Bauduin ; en neerlandés: Koning Boudewijnstadion) é un estadio multiúsos situado no distrito de Heysel en Bruxelas, a capital de Bélxica e da Unión Europea. É a sede habitual da selección belga e do evento anual de atletismo Memorial Van Damme.[1]
Historia
Foi inaugurado co nome de Estadio de Heysel (en francés: Stade du Heysel; en nerrlandés: Heizelstadion) o 23 de agosto de 1930 con motivo do Campionato Mundial de Ciclismo en Pista e as celebracións do centenario da Independencia de Bélxica. O partido inaugural xogárono as seleccións belga e neerlandesa, vencendo o conxunto local por 4-1.
Foi remodelado nunha primeira fase en 1971, coa instalación dunha pista de atletismo sintética, a primeira deste tipo en Bélxica. O estadio de Heysel foi totalmente remodelado en 1995 e renomeado como Estadio Rei BalduÃno, en homenaxe ao defunto monarca BalduÃno I de Bélxica, que morrera dous anos antes.
Entre os eventos que albergou están o Campionato de Europa de Atletismo de 1950, catro finais da Copa de Europa de fútbol (1957/58, 1965/66, 1973/74 e 1985/86), catro finais da Recopa de Europa (1963/64, 1975/76, 1979/80 e 1995/96) e varios partidos da Eurocopa de 2000.
O 29 de maio de 1985, foi tristemente coñecido por se ter producido nel a chamada traxedia de Heysel, que deixou 39 mortos e uns 600 feridos, debido a unha avalancha de afeccionados pouco antes da final da Copa de Europa entre a Juventus e o Liverpool.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas