O Estadio Municipal García Hermanos é un campo de fútbol propiedade do Concello de Betanzos.
Historia
O 10 de abril de 1989, nun acto presidido polo daquela alcalde de Betanzos, Manuel Lagares Pérez, e o presidente da Deputación da Coruña, José Manuel Romay Beccaría, canda outras autoridades autonómicas e provinciais, foi presentado o proxecto e maqueta dun novo campo de fútbol para Betanzos.[1]
Inaugurouse en 1991[2] e nel xoga os seus partidos como local o Betanzos CF. O seu terreo de xogo é de herba natural e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 5.000 espectadores[2]. A corporación municipal bautizouno con ese nome como homenaxe aos Irmáns García Naveira.
En 1993 o Súperdepor dirixido por Arsenio Iglesias xogou un partido amigábel contra o conxunto betanceiro que, daquela, contaba no seu equipo co irmán de Bebeto[3].
Este campo veu substituír o vello campo municipal do Carregal, tamén de titularidade municipal e situado nas proximidades, que aínda se conserva para adestramentos e uso das categorías inferiores do club brigantino.
Notas