O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. O partido inaugural foi entre o Elche CF e a Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei de fútbol da tempada 2002-03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos do Mundial de 1982.
Medidas e aforamento
Conta cun aforamento de 36.017 localidades, divididas en dúas graderías, con 20.653 prazas a inferior e 15.364 a superior. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos.
Instalacións Deportivas
1 campo anexo con medidas regulamentarias
1 campo anexo de adestramento
4 vestiarios
1 ximnasio
1 bañeira hidromasaxe
Duchas de presión-hidromasaxe
Sala de vídeo
Enfermería
Sala de masaxes
Está adaptado para usuarios de cadeira de rodas con prazas reservadas para as cadeiras
Aseos adaptados e os aparcadoiros dos socios con discapacidade están preto das portas de entrada.
Outras instalacións
Aparcadoiro con 2.184 prazas
8 Cantinas
Unidade de Control operativo
Sala de Prensa
Salga de Xuntas
8 cabinas de televisión
26 cabinas de prensa e radios
O estadio conta ademais nos seus baixos cunha serie de comercios diversos como pubs, discotecas, restarurantes, unha axencia de seguros e a tenda oficial do Elche CF.
Partidos disputados
Pola selección española
A Seleccón Española disputou un total de 5 partidos no Martínez Valero, 3 deles oficiais e 2 de carácter amigable, nos que marcou un total de 11 goles e só encaixou 1, habendo gañado todos os encontros. O primeiro en disputarse foi en 1986, contra a selección belga.