A estación de Haro é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Haro, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe. Dispón tamén de instalacións loxísticas usadas polos trens de mercadorías.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 127,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 452 metros de altitude.[1]
Historia
A estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857.[2] En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.[3] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
Sitúase no barrio das Bodegas. O edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas con disposición lateral ás vías. Dispón dunha vía principal e de catro derivadas aínda que só dous acceden a unha plataforma lateral e a outra central. Ambas están protexidos parcialmente cunhas marquesiñas metálicas. Posúe outras catro vías máis todas elas mortas, que derivan a unha zona de carga que dispón dun peirao cuberto.
Servizos ferroviarios
Longa distancia
Actualizado a 6 de xullo de 2016.
Actualizados a 6 de xullo de 2016.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas