A antiga estación de ferrocarril de Almería, agora en desuso, foi rematada en 1893 en arquitectura de ferro e cristal. Dise que foi deseñada por Alexandre Gustave Eiffel[Cómpre referencia], aínda que é máis fiable que fose deseñada por un dos seus discípulos. A súa fachada principal é de tres corpos. Nas súas funcións de estación foi substituída polo edificio lateral da estación intermodal, que ademais concentra o maior tráfico de autobuses da provincia.
Desde 2005 os trens foron desprazados á nova estación intermodal, situada uns metros antes da antiga, que como o seu propio nome indica une servizos ferroviarios e por estrada. Foi a primeira estación intermodal construída en España.
Servizos ferroviarios
O tráfico ferroviario foi sempre escaso en Almería. Tradicionalmente chegaba só a liña Moreda-Guadix-Almería de vía única electrificada, que nunca tivo gran tráfico de viaxeiros. A electrificación só se usaba para os trens de mineral cara ao Marquesado, debido ás fortes pendentes. Unha vez que o servizo de mercadorías desaparece tralo peche das minas, a electrificación (3.000 V) desactívase. É estación términi de trens.
Actualmente chegan a esta estación os seguintes trens:
Arco García Lorca: procedente de Barcelona. Non circula a diario, pois o tren alterna o destino dunha das súas gallas e circula un día ata Moreda e outro ata Almería.
O tráfico de autobuses é significativamente maior có de trens, e cobre case todos os destinos españois posibles. Tamén parten de aquí autobuses interurbanos que comunican Almería con outros concellos da provincia.