A estación de Alfaro é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Alfaro, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 5,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 261 metros de altitude.[1]
Historia
A estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857.[2] En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.[3] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
Sitúase ao norte do núcleo urbano ao final da avenida da Vía. Como moitas das estacións deste tramo non conserva o seu edificio orixinal xa que foi substituído por un de corte funcional de planta rectangular e dúas alturas usado como vivenda no seu parte superior. Dispón de dúas vías principais (vías 1 e 2) e unha derivada (vía 4). Todas dispoñen de acceso a plataforma, ben a través da plataforma lateral ben a través da plataforma central a cal dispón dunha marquesiña metálica para protexer aos viaxeiros. Os cambios dun a outro se realizan a nivel. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.
Servizos ferroviarios
Longa distancia
Actualizado a 6 de xullo de 2016.
Actualizados a 6 de xullo de 2016.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas