Málaga-María Zambrano é a estación central de ferrocarril de Málaga, incluída dentro da rede de estacións de Adif. Está situada sobre unha estación pasante de trens da rede de Proximidades Málaga denominada Málaga-Renfe, actualmente pechada por obras. Actualmente realízanse obras para crear un enlace co futuro intercambiador de Renfe e así facilitar a mobilidade entre esta, a estación de autobuses e a estación do Metro de Málaga. A estación leva o nome de María Zambrano dende 2007, xa que antes chamábase Málaga-Término.
A estación subterránea ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia de 2 trens por hora na liña C-1 e uns poucos trens ao día na liña C-2. É cabeceira da segunda.
Dende o 24 de decembro de 2007 está aberta ó público a L.A.V. Córdoba-Málaga, que permite a chegada de trens AVE dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h e media.
Dentro da estación atopamos un centro comercial, con establecementos de Media-Markt, Game, H&M ou Mc Donald's entre outros, así como un cine Yelmo Cineplex.
Notas
↑Desde abril de 2008, a liña C-1 finaliza en María Zambrano debido ao peche provisional de Málaga-Renfe e Málaga-Centro-Alameda por obras.