Para outras páxinas con tÃtulos homónimos véxase:
Esposende.
Santiago de Esposende é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 40 habitantes (22 homes e 18 mulleres).
Ano |
2000 |
2004 |
2008 |
2011 |
2023
|
Poboación |
45 |
45 |
44 |
42 |
40
|
XeografÃa
A parroquia é a máis setentrional do concello. Linda ao norte coa parroquia homónima de Esposende (no veciño municipio de Cenlle), ao leste e sur coa parroquia de Santo André de Campo Redondo, e ao oeste dá co rÃo Avia, que constitúe fronteira natural co concello de Beade.
Historia
Segundo o Diccionario geográfico-estadÃstico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz[3] (1842), Santiago de Esposende era unha freguesÃa do concello de Ribadavia no que vivÃan 84 persoas, das que só 19 tiñan o dereito de veciñanza. Os veciños vivÃan en unas veinte casas repartidas nos barrios de Eiroa, Quintas e Casas do Marco. Madoz dicÃa que de norte a sur a vila ocupaba 1/4 de legua (1,5 km aproximadamente). E de leste a oeste, outro tanto.
Destacábanse aspectos como que o cemiterio no ofende a la salud pública ou que os camiños son locales y generalmente en mal estado. O correo recibÃase da capital do concello 3 veces á semana.
Era unha parroquia tÃpica do rural da comarca. ProducÃa trigo, millo, legumes, hortalizas, froitas de carabuña, liño e viño, do que xa Madoz nomea a súa calidade, chegando a dicir que saÃa viño desta parroquia cara a Santiago de Compostela, A Coruña e comarcas próximas de montaña.
GalerÃa de imaxes
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Esposende
Parroquias de Ribadavia
Véxase tamén
Outros artigos