O Español FC foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo fundado en 1905 e absorbido en 1910 polo Vigo FC, que tras varias fusións remataría chamándose Real Vigo Sporting Club. O seu uniforme era camisola e pantalón negros.
Traxectoria
Nos seus cinco anos de historia chegou a participar nas edicións de 1907/08, 1908/09 e 1909/10 do Campionato de Galicia. Pero onde destacou foi en torneos inferiores como a Copa Pontevedra ou a Copa Compostela de 1907 ante o Fortuna Foot-ball Club, Vigo FC, Pontevedra Sport Club, Máuse FC de Pontevedra, Ferrol FC e María Pita FC. No ano 1909 xogou a Copa Conde de Torrecedeira de Vigo ante o Vigo FC e a SG Española de Madrid.
Finalmente foi absorbido polo Vigo FC o 6 de maio de 1910.
Véxase tamén
Ligazóns externas
www.historiadoceltadevigo.net