Españistán. Este país se va a la mierda é un libro de banda deseñada creado polo catalán Aleix Saló sobre a crise económica española tralo estoupido da burbulla inmobiliaria. Foi publicado por Edicións Glénat en abril de 2011.
Traxectoria editorial
Para promocionalo, Aleix Saló colgou o 25 de maio unha curtametraxe de animación titulada Españistán, da burbulla inmobiliaria á crise, que explica de forma satírica o devir da economía española entre 1996 e 2007,[1] converténdose nun grande éxito en Internet.[2]
En xaneiro de 2012, esgotáronse seis edicións da obra e lanzouse unha edición en rústica para quioscos.[3][4]
Notas