Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Edificio sede da ESADg.
Universidade:
Localización: Vigo
Campus:
Enderezo: Poza Cabalo, s/n 36212, Vigo
Ano de fundación:
Decano: Manuel Vieites García (director)[1]
Docentes:
Estudantes:
Teléfono: 986137024
Correo electrónico:
Páxina web: https://esadgalicia.com/

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) é un centro superior de ensinanzas artísticas de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ofrece as titulacións propias dos estudos superiores de arte dramática nas especialidades de Interpretación, Escenografía, Dirección escénica e Dramaturxia. Ten a súa sede na rúa Poza Cabalo de Navia, Vigo.

Historia

Existen numerosas escolas teatrais de ámbito galego que precederan á creación de ESADg. Entre elas, cabería destacar a Escola Rexional Galega de Declamación (1903), o Conservatorio Nazonal de Arte Galego (1919), a Escola Dramática Galega (1922) e, máis recentemente, a Escola Dramática Galega de 1978.[2]

A ESAD de Galicia foi inaugurada de xeito oficial en xuño de 2005 e rematou por recibir a actual denominación a comezos de 2006[3]. En setembro de 2005 comezaron as actividades lectivas coa apertura dos itinerarios de Interpretación Textual e de Dirección escénica. A estes percorridos engadiuse o de Dramaturxia en 2008 e o de Escenografía en 2009. A adaptación dos estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior produciuse en 2010 e dous anos despois, en 2012, incorporouse o itinerario de Interpretación Xestual á oferta educativa do centro.

Ensinanzas

A ESAD de Galicia ofrece o Título Superior de Arte Dramática (equivalente para todos os efectos á titulación de Grao universitario), nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía, e Interpretación, tanto Textual como Xestual.

Notas

  1. https://esadgalicia.com/escola/organigrama/ Organigrama da escola
  2. F. Vieites, Manuel (2018). "A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no sistema teatral galego. Ferramentas para unha análise". Galicia 21. 
  3. A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia foi creada mediante o Decreto 145/2005 o 2 de xuño de 2005 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 6 de xuño dese mesmo ano.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas