Escala Internacional de Accidentes Nucleares

A Escala Internacional de Accidentes Nucleares (máis coñecida polas súas siglas, INES) foi introducida pola OIEA para permitir a comunicación, en caso de accidentes nucleares, para o coñecemento dos medios de comunicación e a poboación. Definiuse un número de criterios e indicadores para asegurar unha información coherente de acontecementos nucleares por diferentes autoridades oficiais. Hai 7 niveis na escala:

Os niveis de gravidade

Os acontecementos de nivel 1 - 3, sen consecuencia significativa sobre a poboación e o medio ambiente, cualifícanse de incidentes, os niveis superiores (4 a 7), de accidentes. O último nivel corresponde a un accidente cuxa gravidade é comparábel ao ocorrido o 26 de abril de 1986 na central nuclear de Chernobil e o de 11 de marzo de 2011 na central nuclear de Fukushima I (ver Accidente nuclear de Chernóbil e Accidente nuclear de Fukushima I)

7
Accidente grave
6
Accidente importante
5
Accidente con risco fóra da localización
4
Accidente sen risco fóra da localización
3
Incidente importante
2
Incidente
1
Anomalia
0
Desvío (Sen significación para a seguridade)