Erarico, de orixe ruxia, foi elixido rei dos ostrogodos en xuño do ano 541, despois do asasinato de Hildibaldo.
Traxectoria
Os godos, con todo, cansados e irritados con el e crendo que pactara acordos secretos cos bizantinos, ofreceron a coroa ao sobriño de Hildibaldo, Tótila. Logo de cinco meses de reinado, Erarico foi asasinado por unha conspiración e Tótila foi elixido rei.