Subtitulado Guión de Falange Española de las J.O.N.S. de Ortigueira, apareceu o 12 de novembro de 1936. A partir do número 27, de 13 de maio de 1937, cambiou o subtítulo por Guión de Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S.. Entre os seus colaboradores figuraron Álvaro Cunqueiro (que tamén foi o seu director), Feliciano Crespo Bello e o seu irmán Jesús Crespo Bello.