Ephippiorhynchus senegalensis é unha especie de paxaro da familia das cegoñas, os cicónidos, que habita en África. De tamaño semellante á cegoña branca, posúe unha característica coloración en plumas e peteiro. Nunha obra lexicolóxica galega propúxose para esta cegoña o nome xabirú africano.[2]
Distribución
Atópase por toda África tropical, dende o leste do Senegal a Etiopía e polo sur até o norte de Suráfrica. Está ausente no extremo sur e suroeste do continente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Barlow, Clive (1997): A field guide to birds of the Gambia and Senegal. Pica Press, Nr. Robertsbridge (East Sussex). ISBN 1-873403-32-1
- Jiménez Serrano, Alejandro (2002): Royal Festivals in the Late Predynastic Period and the First Dynasty. British Archaeological Reports (International Series) 1076. ISBN 1-84171-455-0