Eparquía católica ucraína de Wrocław-Koszalin

Modelo:Xeografía políticaEparquía católica ucraína de Wrocław-Koszalin
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°06′46″N 17°02′18″L / 51.112694, 17.038361
EstadoPolonia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua ucraína Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Comparte fronteira con
Creación1996 Editar o valor en Wikidata
CatedralChurch of St. Vincent (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webcerkiew.net.pl Editar o valor en Wikidata
Facebook: eparchia.wroc Twitter: Greckokatolicki Editar o valor en Wikidata

A eparquía de Wrocław-Koszalin (en latín: Dioecesis Vratislaviensis-Coslinensis) é unha sé da Igrexa católica ucraína sufragánea da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. En 2010 tiña 25.000 bautizados. O seu ordinario dende 1999 é o bispo Włodzimierz Roman Juszczak.

Territorio

A eparquía abrangue a Polonia occidental e central, con xurisdición sobre os fieis da Igrexa católica ucraína.

A sé eparquial é a cidade de Wrocław, onde está a catedral dos Santos Vicente e Xacobe.

O territorio está organizado en 7 decanatos e en 39 parroquias.

Historia

A eparquía de Wrocław-Gdańsk foi erixida o 1 de xuño de 1996 coa bula Ecclesia catholica do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. O 25 de novembro de 2020 cedeu territorio para a creación da eparquía de Olsztyn–Gdańsk e foi renomeada como eparquía de Wrocław-Koszalin.

Episcopoloxio