Enviande é un lugar na parroquia de Souto no concello pontevedrés da Estrada, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[1] en 2021 tiña 19 habitantes, dos cales 8 eran homes e 11 eran mulleres. Atópase a uns 550 metros de altitude e sitúase aos pés do monte Cádavo.
Etimoloxía
Trátase dun topónimo derivado do nome dun antigo posesor. Procede do sintagma VILLAM IUVENANDI, xenitivo do antropónimo latino IUVENANDUS.[2]
Demografía
Total de habitantes
|
1981
|
2003
|
2021
|
58 hab.
|
37 hab.
|
19 hab.
|
Patrimonio
- Eira dos hórreos de Enviande.
- Antigos muíños nas beiras do regueiro da Toxeira.
- Antigo pío no centro do lugar.
Lugares e parroquias
Lugares de Souto
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía