A ensalada César é unha ensalada de leituga romana, anacos de pan torrado adubados (chamados croutons en francés, ou ben picatostes en castelán). O inventor desta ensalada foi o cociñeiro César Cardini, no restaurante homónimo, do que recibe o nome a ensalada.[1][2] É moi popular no mundo enteiro e é posíbel atopala tanto en restaurantes como en supermercados en formato de bolsa.
Historia
Existen moitas versións respecto da orixe da ensalada. A máis coñecida e comunmente aceptada,[1] é que a ensalada foi creada por un chef italiano radicado en México chamado Alex Cardini e xunto co seu irmán propietario dun restaurante en Tijuana denominado "Cesar's Place".[2] Alex Cardini, cuxo apelido está relacionado coa gastronomía en 1924 do famoso Hotel Peñafiel de Tehuacán, Puebla (México) viaxou a Tijuana a un concurso gastronómico onde a súa ensalada resultou premiada.[2] O ingrediente secreto da ensalada, era o adubo, que logo se fixo popular en diversos sitios de California.
Outra versión di que foi creada nunha das cidades de Tijuana ou Ensenada (México) polo mesmo cociñeiro, César Cardini, a finais da década de 1930.[1] Non se sabe se foi exactamente en cal das dúas cidades. Esta versión narra como uns pilotosnorteamericanos pediron no hotel unha simple ensalada e á falla de tomates ou outros ingredientes típicos, o Chef Cardini seguiu unha vella receita familiar que a súa nai facía no sur de Italia en tempos difíciles: leituga romana, ovos, anaquiños de pan frixidos en aceite, queixo seco, vinagre, azucre, aceite de oliva, unhas pingas de salsa inglesa, salsa a base de anchoas e zume de limón. A ensalada foi todo un éxito e foi bautizada inicialmente coma "ensalada dos aviadores" ( "Aviator's Salad").
Co tempo, xa en 1948, César Cardini rexistrouna nos Ánxeles como propia e internacionalizouna.[2] O que patentou foi en realidade o mollo da ensalada que a denominou "Cardini's Original Caesar Dressing Mix".[3] Ao final foi comercializada por unha compañía baixo o seu nome que se denominaba "Cardini Foods" en Culver (California).
O propio Cesar Cardini, que murreu en 1956, loitou por evitar a inclusión en salga na ensalada que leva o seu nome.[3] Algunhas testemuñas de persoas que asistiron ao local de "Caesar's Place" nos anos 20 mencionan que as follas de leituga servíanse enteiras para seren empregadas coma cubertaría coméndose cgos dedos.[4]
↑ 1,01,11,2Danny Palmerlee, (2009), Baja California & Los Cabos,Lonely Planet, pag 77
↑ 2,02,12,22,3Lou Sackett,Wayne Gisslen,Jaclyn Pestka, (2004), Professional Garde Manger: A Comprehensive Guide to Cold Food Preparation, Willey, páx. 74
↑ 3,03,1John F. Mariani,Galina Mariani,Laura Tedeschi, (2000), The Italian-American cookbook: a feast of food from a great American cooking, Harward Common Press, pag. 119